EconomíaEconomíaÚltima hora

¿Canto custa producir no sector vitícola?

Un curso promovido por Aeva abordará o vindeiro 28 de outubro na Rúa esta cuestión e tamén a xestión do viñedo

Viñedos en Valdeorras./ Foto: O SIL.

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva) promoverá o vindeiro 28 de outubro un seminario intensivo de xestión de viñedo e de produción no sector vitícola. Esta formación, enmarcada no programa AevaEmprégate V (financiado pola Deputación de Ourense), vai dedicada ao sector vitivinícola poñendo o foco na xestión do viñedo e os custos de produción de uva. Celébrase o sábado 28 de outubro en horario de 9 a 14 horas no Centro Cultural Avenida da Rúa, e será impartido por Ricardo Dobao e Patricia Lamela, ambos enxeñeiros técnicos agrícolas en activo no sector e con experiencia en formación.

Os contidos do curso abordarán todo o proceso de establecemento dun viñedo, con especial atención á planificación de custos e as ferramentas que facilitan unha xestión sostible. Tamén se analizarán as diferentes axudas que existen para novas plantacións.

O curso está destinado a empresarios, profesionais e traballadores do sector vitivinícola, aínda que a inscrición está aberta a todo aquel interesado na materia. A participación é gratuíta para os asociados de AEVA e ten un custo de 10€ para o resto, que deberán abonar unha vez se confirme a dispoñibilidade de praza.

A inscrición debe formalizarse a través do formulario dispoñible na web de AEVA ou o teléfono 698 13 05 64.

Artigos relacionados

Back to top button