Dúas semanas despois de celebrar a Festa da Vendima de Valdeorras, Vilamartín acollerá outra celebración coa música e o viño como protagonistas. Será a segunda edición dos Cantos de Taberna prevista para o 19 de outubro a partir das 20h. polos bares do pobo.
Organizado por Os Viticultores, contará coa colaboración do Concello de Vilamartín de Valdeorras e os bares Acuarela, Santos e Novo Castillo. O apartado musical correrá a cargo de catro agrupacións: Os Tabernícolas, Os Parrandas, Os Trabazos e Os Palletas.