CarballedaConcellosÚltima hora

Carballeda de Valdeorras estrea tractor para labores de prevención de incendios forestais

 

O Concello de Carballeda de Valdeorras recibía esta mañá un novo tractor para desbroces. A súa alcaldesa, María Carmen González, explicaba que foi adxudicado a través de concurso por un prezo de 120.516 euros, dos que 100.000 foron achegados a través do protocolo da Deputación de Ourense e a Consellería do Medio Rural, e a cantidade restante era asumida polo Concello.

 

 

Tratáse dun novo equipamento que será utilizado para a realización de traballos de desbroce e funcións preventivas de incendios forestais, resaltaba a rexedora.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button