ConcellosÚltima hora

Cáritas Diocesana de Astorga abre 5 puntos PIC, un deles no Barco, para axudar ás persoas a facer trámites dixitais

 

Entre os Puntos de Información e Consulta (PIC) que abre Cáritas Diocesana de Astorga está un no Barco. Os PIC son contornas facilitadoras de acceso ás TICs e axudan a todo o que o necesite, para o que lles acompaña nos trámites unha persoa de Cáritas. “O PIC é unha contorna facilitadora de acceso ás TICs (tecnoloxías da información e a comunicación), que permite a quen o utiliza adquirir habilidades dixitais para o uso da internet e con iso mellorar a xestión en diferentes ámbitos da vida como realizar solicitudes, pedir citas etc.; trámites dixitais que en moitas ocasións non son fáciles de realizar polas persoas debido á dificultade de comprensión dos pasos para seguir ou por non dispoñer de facilidade para o acceso a internet ou para manexarse na rede”, explican dende Cáritas Astorga.

Son tarefas que xa se están levando a cabo desde diferentes programas de Cáritas como os de emprego, estranxeiría ou Amencer, aos que desde este PIC préstaselles xa axuda e complemento.

Ademais de no Barco, o PIC tam-en se abre en Ponferrada, Bembibre, Astorga e La Bañeza. O PIC está aberto para servir de axuda a todas as persoas que o requiran, sexa cal for a súa situación persoal, e está encadrado no programa Cáritas T-Forma, un proxecto desenvolvido por Cáritas Castela e León e que chega ao noso territorio grazas a un acordo con Cáritas Diocesana de Astorga. Trátase dunha acción incluída no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea cos Fondos New Generation.

Cáritas aposta porque “ninguén quede atrás, e a fenda dixital é unha barreira que debemos salvar e un problema latente na nosa sociedade, que é transversal, xa que non afecta só a determinados grupos de idade ou de situación socioeconómica”.

 

Artigos relacionados

Back to top button