ConcellosÚltima hora

Cáritas Interparroquial do Barco inicia a campaña de recollida de xoguetes de Nadal

Un dos carteis da campaña de Cáritas.

 

Como vén sendo xa tradición, un ano máis Cáritas Interparroquial do Barco inicia a campaña solidaria de recollida de xoguetes de cara ao Nadal. As persoas que queiran sumarse a esta iniciativa benéfica poden entregar os xoguetes (tanto novos como usados) na sede de Cáritas na vila de luns a venres de 8.30h. a 15h. e os xoves pola tarde en horario de 16h. a 19h.

“Aínda que recollemos xoguetes durante todo o ano, lanzamos a campaña para recordalo nestas datas, é un xeito de poder chegar á xente”, explica o director de Cáritas Interparroquial do Barco, Julio Mourelo. Ademais matiza que se admiten todo tipo de xoguetes, “no caso de sexan xa usados, as nosas voluntarias encárganse con moito cariño de facerlles unha limpeza, preparalos, e de reparalos se fose necesario, para que estean nas mellores condicións cando se lle entreguen aos nenos. Dese xeito dáselle unha segunda vida a eses xoguetes”, explica Mourelo.

Normalmente Cáritas acostuma facer dúas entregas de xoguetes a nenos de familias sen recursos durante as datas navideñas: unha primeira nos días previos a Nadal e outra en Reis.

Artigos relacionados

Back to top button