Era un luxo para o SilFest traelos dentro da xira do seu 30º aniversario creando unha gran expectativa e non defraudou. Na medianoite do sábado 20 de xullo a banda madrileña Sôber subíase ao escenario Vibra Mahou para facer vibrar ao público á beira do Sil, na praia fluvial do Malecón barquense, poñendo o broche de ouro a unha das edicións máis variadas e con máis calidade en canto a estilos musicais e actividades complementarias.
Co ambiente fresco tralo pequeno chaparrón caído dúas horas antes, pasadas as once da noite subíase ao escenario Carlos Ares, un dos músicos emerxentes cos que contaba esta edición do SilFest Valdeorras. O artista galego chegaba ao Barco para presentar o seu último traballo Peregrino, froito dun “longo camiño” no que plasma a súa evolución musical devolvéndoo a “súa versión máis primitiva” co oque conquistou ao público.
E xa pasada a medianoite chegaba o turno de Sôber para presentar o seu disco Retorcidos, regrabación do que fuora o primer álbum da banda publicado en 1997 contando con convidados de honra, músicos de Zume e Skizoo, as dúas bandas creadas a partir da primeira no seu parón de 2005 a 2009.
O ambiente festivo para pechar o festival marcábano Parquesv e xa de madrugada Dani Argü DJ cunha apoteósica sesión de música disco.
Fotos e vídeos: O SIL.