EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Carlos Sobera será o pregoeiro da XLI Feira do Viño de Quiroga

Carlos Sobera./ Foto cedida.

 

O polifacético Carlos Sobera será o pregoeiro da XLI Feira do Viño de Quiroga. Sobera ía exercer estas funcións na feira do pasado ano 2020, pero non puido ser porque a pandemia sanitaria obrigou a suspender a feira. Tres anos despois o viño de Quiroga terá o orgullo de telo como pregoeiro. O presentador non só estará o sábado en Quiroga para exercer de pregoeiro se non que ten pensado pasar tres días no noso municipio, coñecendo a comarca e tamén visitando a Ribeira Sacra.

Carlos Sobera, nado en Baracaldo (Biscaia) é un máis que recoñecido presentador de televisión, pero ademais é actor, showman, e empresario teatral. A súa vida laboral tamén está unida á docencia xa que, este licenciado en dereito pola universidade de Deusto, exerceu como profesor de publicidade na Universidade do País Vasco.

O seu curriculum inclúe máis de 40 concursos e reality shows como presentador, moitos deles tan coñecidos como El precio justo, Supervivientes, La isla de las tentaciones, Pesadilla en el Paraiso, First Dates, Atrapa un Millón ou Quiere ser Millonario?. Por estes dous últimos foi premiado como o mellor presentador co TP de Ouro. Tamén acadou o Premio Zapping e o premio Sexta Avenida ao mellor comunicador.

Participou en 11 series de tv como Al salir de clase, Ana y los siete ou Quítate tu pa ponerme yo. Como actor de teatro participou en 10 obras: Viva el Duque, nuestro dueño!, La guerra de los Rose, Asesinos Todos, Miles Gloriosus ou Tres en Raya, obra, na que ademais de actuar, dirixiu. En cine actuaba en películas como Rigor Mortis, Hasta aquí hemos llegado!, Pacto de brujas, El forastero, El lápiz del carpintero ou Bendita calamidad.  Foi guionista en Boulevard, La familia mudanza (concurso emitido na TVG no ano 1195) ou El Día D, onde tamén exerceu como director.

Carlos Sobera atreveuse incluso coa literatura escribindo o libro Los mil errores más comunes del lenguaje.

Artigos relacionados

Back to top button