Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Carme Adán presenta na Biblioteca de Verín “Feminicidio: Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”

Neste acto a autora estaba acompañada polo tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo

Na tarde do 11 de xaneiro tiña lugar na Biblioteca do Concello de Verín a presentación do último libro de Carme Adán, “Feminicidio: Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión” (Editorial Galaxia). Neste acto, a autora estivo acompañada polo tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo.

Carme Adán (Donostia, 1966) é catedrática de Ensino Secundario de Filosofía no IES Politécnico de Vigo e doutora en Filosofía pola USC cunha tese sobre Epistemoloxía Feminista en 2002. Na súa intervención analizaba este novo libro no que reflexiona sobre o patriarcado e a súa daptación aos novos tempos, así como sobre a necesidade de entendelo para poder combatilo entre todos.

Fotos: Concello de Verín.

 

Artigos relacionados

Back to top button