OurenseÚltima hora

Carmen Blanco e Claudio Rodríguez recitan ás mulleres loitadoras no marco das xornadas adicadas á República, en Ourense

“Vivas en nós. Represión e Muller na Segunda República” foi o título da charla-recital
Un momento da charla no Liceo de Ourense.

A programación de Amigas e Amigos da República para conmemorar o 87 aniversario continúa na cidade das Burgas. Na tarde do 11 de abril tiña tocáballe o turno á charla-recital “Vivas en nós. Represión da Muller na Segunda República” presentada por Manuel Sueiro, membro da asociación.

Os protagonistas da xornada no Liceo foron Carmen Blanco e Claudio Rodríguez, escritores e profesores da USC, que levan anos adicados ao compromiso militante da recuperación da memoria histórica, que recitaron e puxeron en valor o extraordinario esforzo persoal realizado polas mulleres máis conscientes durante a II República, moitas delas afiliadas a asociacións progresistas, partidos de esquerda ou sindicatos de clase.

Carmen Blanco arrancaba recitando un poema adicada “as troianas”, as mulleres cuxo compromiso político foi parello aos avances sociais que potenciaron a presenza das mulleres na vida pública e a afirmación do dereito ao traballo fóra do fogar, así como a ampliación da súa liberdade e dos seus dereitos de cidadanía.

Claudio Rodriguez, pola súa banda, afondaba nas consecuencias do compromiso cunha libertade truncada, lembrando a figura de Juana Capdevielle e outras moitas mulleres como María del Valle Lozano e Salud Torres Díaz, secuestradas en Celanova; Anunciación Casado Atanes, de San Mamede de Viana; Concepción e Remedios Fernández Cadórniga, de Val-Rubiá; Carolina Regueiras, de Bóveda de Amoeiro; ou Erundina Álvarez Pérez, fusilada en Ourense. A todas elas lles adicou o poema “o terror en carro de vacas”.

Artigos relacionados

Back to top button