DeportesÚltima hora

Carreira por parellas “OBarconamora”, o 22 de febreiro

A proba, forma parte da campaña de namorados do CCA O Barco
Participantes na anterior edición da carreira. /Foto: Carlos G. Hervella.
Participantes na anterior edición da carreira. /Foto: Carlos G. Hervella.

O Centro Comercial Aberto O Barco, en colaboración coa Delegación F.G.A en Valdeorras e o Club ADASProinor organiza a IVª carreira popular por parellas “O barconamora”, prevista par o vindeiro 22 de febreiro.

O circuíto urbano constará dunha volta de 5.000 metros aproximadamente, con saída e meta situada na praza José Otero do Barco.

As inscricións realizaranse a través dun formulario de inscrición na páxina web da Delegación Valdeorresa de Atletismo (http://www.fgatletismo.es/valdeorras/), no teléfono 988 32 11 50 ou nas oficinas do Centro Comercial Aberto (praza de España, O Barco).

Haberá trofeos ás tres primeiras parellas da categoría e medalla para todos os nenos que rematen a proba, así como sorteos entre os participantes.

Na carreira absoluta, que será por parellas, establécense tres categorías: mixta (home+muller), masculina (home+home), e feminina (muller+muller). Tamén haberá carreiras para prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button