DeportesÚltima hora

Carreira solidaria de fin de ano en Quiroga

A vila acollía a terceira edición da súa San Silvestre na tarde do 31 de decembro

Un 150 participantes, entre nenos e maiores, tomaban a saída na III San Silvestre de Quiroga, que se celebraba a partires das cinco da tarde do 31 de decembro nesta vila lucense. O circuíto da proba, cun traxecto de 3,5 km, discorría polo centro da localidade e polo paseo fluvial. Podía realizarse tanto correndo como camiñando.

Ademais esta cita, que se caracterizaba por un ambiente festivo e navideño, tiña un carácter solidario. Así para poder participar cada unha das persoas tiña que aportar dous quilos de alimentos non perecedoiros. Deste xeito a organización, en mans da Concellería de Deportes, conseguía reunir uns 500 quilos de alimentos. Ademais ao remate da San Silvestre procedíase ao sorteo de catro cestas de Nadal aportadas polos supermercados locais.

Fotos: Deporte Quirogués.

Artigos relacionados

Back to top button