ConcellosEntroido 2024O BarcoÚltima hora

Case 600 persoas de 15 comparsas participarán mañá no Desfile de Entroido do Barco

Desfile do Barco o ano pasado./ Foto A.R.

 

Case 600 persoas, integrantes das 15 comparsas rexistradas ata as tres da tarde do venres 9 de febreiro, participarán mañá no Desfile de Entroido organizado polo Concello do Barco.

Como previa, esta tarde a partir das 17:30 horas no pavillón vello celébrase o Entroido infantil, con baile, concurso de disfraces e animación musical a cargo de Peque Disco Moc e do DJ Mere Clown.

Tamén esta tarde, a partir das 16 horas, o grupo de Fiando a Memoria (programa posto en marcha pola concellería de Servizos Sociais do Barco en varias localidades do municipio) de Éntoma celebra o seu Entroido. Haberá desfile de furracas, chocolatada aberta á veciñanza e doces típicos, fariñada sen glute e unha exposición fotográfica sobre o Entroido.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button