AutomobilismoDeportesÚltima hora

Case mil coches inscritos nunha exitosa VII KDD Racing, en Petín

 

Petín convertíase neste 8 de xullo en punto de encontro para os afeccionados ao mundo do motor.  Case mil coches se inscribían na VII KDD Racing que se celebraba ao longo desta xornada neste municipio valdeorrés. Congregaba a unhas 3.000 persoas, segundo os datos da organización, chegadas dende diferentes puntos de Galicia, pero tamén doutras comunidades do norte de España como Asturias ou Cantabria, pero tamén de Valencia e Estremadura.

 

 

Mantendo a dinámica de anteriores edicións, pero tamén con novidades, o programa, que se poñía en marcha ás 9h. coa apertura de inscricións, incluía pola mañá exhibición do piloto de drift vigués Martín Nós, campión de Galicia, cun coche personalizado. En torno 14h. estaba prevista a comida e, a partir das 15:30h., na canteira de Mones preparábase unha zona de slalom e tamén diversas exposicións, entre elas unha de vehículos xaponeses e outra de clásicos.

Ademais, a última hora da tarde procedíase á entrega de premios e ao sorteo de varios artigos, entre eles un coche, un Audi S3. A celebración continuaba con músico, ao ritmo de Danzalia. Ademais dende a organización, en mans de La Granja Racing, tamén se habilitaba unha zona de acampada para os participantes.

A organización contaba coa colaboración das agrupacións de Protección Civil de Petín, O Barco, Rúa e Manzaneda.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button