CulturaCulturaÚltima hora

Case unha decena de orquestras e grupos musicais nas Festas de San Bartolomé en Trives

A celebración estenderase do 23 ao 26 de agosto e incluirá o tradicional torneo de fútbol sala

Imaxe da actuación dunha orquestra nun ano anterior da festa de San Bartolomé.

 

As festas de San Bartolomé de Trives ofrecerán unha completa programación que suma case unha decena de orquestras e grupos musicais. Do 23 ao 26 de agosto o concello da Pobra de Trives vivirá a celebración por todo o alto. Ademais das actuacións de recoñecidas agrupacións como América de Vigo, no programa inclúese o tradicional torneo de fútbol sala que se desenvolverá no pavillón municipal ata o día 27.

O mércores 23 de agosto está previsto que a verbena comece ás 21:30 horas coa orquestra Gran Parada na rúa San Martín. O xoves 24 de agosto os pasarrúas comezarán a soar ás 11 horas con Charanga Fuego. Pola noite, a partir das 21 horas, a animación musical estará protagonizada por Grupo Eureka na Praza do Reloxo e pola América de Vigo, dende as 22:30 horas na rúa San Martín.

O concerto de Os Camachuelos agárdase para o venres 25 de agosto, na Praza Doctor Paz. O programa do sábado 26 de agosto comezará ás 20 horas co Orfeón de Trives na Casa da Cultura, mentres que ás 21:30 horas prevese o concerto de Skalopndras na Praza do Reloxo. A partir das 23:30 horas haberá Disco Móbil Euphoria na rúa San Martín.

O torneo de fútbol sala das festas de San Bartolomé celebrarase do 23 ao 27 de agosto no pavillón municipal.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button