CulturaCulturaÚltima hora

Castrexos e romanos volverán reunirse en Qui-Roma o 20 de agosto

A vila de Quiroga recuperará esta celebración "cun programa con moitas novidades", segundo a organización

Publicidade
Imaxe da anterior edición de Qui-Roma./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro 20 de agosto a vila de Quiroga voltará ao pasado para converterse en “Qui-Roma” no marco da VII Festa Castrexo Romana desta vila, tal e como vén de anunciar a Asociación Qui-Roma, organizadora deste evento.

Ademais adiantan que o programa “do que será maior e máis grande Qui-Roma de todos estes anos que a levamos facendo” farase público en breve. “Temos moitas novidades, só pedimos que todos eses castrexos e romanos do noso Val e arredores que vos preparades para voltar ao pasado”, din.

 

Artigos relacionados

Back to top button