Deportivas, artísticas, medioambientais e relacionadas coas novas tecnoloxías. Así serán as variadas actividades infantís que propón o Concello de Castro Caldelas a partir do vindeiro 6 de xullo para nenos de 3 a 12 anos. Realizaranse de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 h. no Local Cultural Os Pilos.
“Desenvolveranse con todas as medidas de seguridade que establecen os protocolos da Xunta de Galicia: control de temperatura á chegada, mascarilla obrigatoria ou distancia de seguridade de 1.5m., desinfección de mans con xel hidroalcohólico, desinfección diaria das instalacións e do material”, tal e como se indica dende o Concello de Castro Caldelas.
As inscricións poderán realizarse nas Oficinas Municipais ou no Local Cultural Os Pilos a hora de entrega dos cativos. O prezo da inscrición será de 3€/semana para os cativos empadroados e de 6€/semana para os non empadroados.