ConcellosO BarcoÚltima hora

Colocando luminarias para mellorar a seguridade nos pasos de peóns, no Barco

 

Co obxectivo de mellorar a iluminación nocturna e como consecuencia a seguridade dos viandantes, dende o Concello do Barco de Valdeorras estanse colocando luminarias nos pasos de peóns.

Tal como explica o xefe da Policía Local, Fernando Lozano, xa o fixeron hai un tempo na zona de Calabagueiros, xunto ao pavillón municipal, como moi bo resultado e agora retomaron a iniciativa no centro da vila. “Empezamos polos máis concorridos, para probar como resulta, pero a idea e facelo en todos”, asegura.

 

Artigos relacionados

Back to top button