AutomobilismoDeportesÚltima hora

Castro Caldelas recibe aos vehículos clásicos do IX Rally Turístico Terras do Incio

Publicidade

 

O IX Rally Turístico Terras do Incio xa está en marcha. Desenvolverase do 5 ao 12 setembro amosando nas estradas galegas flamantes clásicos  chegados de diferentes puntos da xeografía española. Hoxe estas lendas do motor recalaban na vila de Castro Caldelaas.

Aston Martin, Jaguar, Mercedes, Ferrari, Maserati, Porsche, Morgan, Alfa Romeo, Lotus ou Ford… eran recibidos co doce típico caldelao: a bica manteigada. E no seu percorrido pola zona non podía faltar o fermoso Miradoiro de As Penas de Matacás.

 

 

“Esta é a segunda vez que a vila os acolle coa hospitalidade das súas xentes e lles mostra o encanto de “Uno de los Pueblos más Bonitos de España” “, asegura a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button