Tralo parón do ano pasado, a Gran Concentración Automobilística de Coches Clásicos volvía a Petín na mañá deste domingo 23 de marzo.
Dende primeira hora comezaban a chegar os coches que ian aparcando na explanada do Poboado de Iberduero, facendo as delicias dos afeccionados e curiosos que ata alí se achegaban a pesares da chuvia que deslucía algo a xuntanza.
Así e todo, superando as previsións, un cento de coches clásicos chegados dende diferentes partes España, participan nesta segunda edición da concentración, organizada pola Asociación Club de Amigos Petín Pistón. Todo tipo de clásicos (Renault, Seat, Citroën, Simca, Mustang, Porsche, Pontiac, Chevrolet, Saab, Mini, Jaguar,…) que permaneceron expostos ata a hora da ruta por diferentes localidades do municipio como Carballal, Mones ou Santa María.
Coa colaboración de Protección Civil, responsable de dar paso aos coches ata o aparcamento, o programa inclúe un xantar no Teleclub de Petín ao que asistirán unhas 130 persoas.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.