En portadaGalerías de fotos

Castro Voces abre co seu pregón a XIX Festa das Covas de Vilamartín

No inicio da festa a Asociación de Coveiros rendía homenaxe a tres coveiros

O día grande das covas de Vilamartín será o 1 de agosto, pero na véspera esta localidade valdeorresa xa quentaba motores na zona de Cerdeirais. Ao redor das nove da noite, o historiador valdeorrés Antonio Castro Voces lía o primeiro pregón das dezanove edicións desta festa. Nel aludía á tradición vitivinícola valdeorresa, á antigüidade das súas covas e tamén ao seu valor históricos, etnográfico e turístico. E, ante a presenza do alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, lanzaba unha serie de propostas, entre elas a de conseguir que esta celebración que atrae a milleiros de persoas cada ano se converta en festa de interese turístico galego.

E tras o pregón, a Asociación de Coveiros de Vilamartín, organizadora desta festa, rendía homenaxe a tres coveiros: Constantino López, Luis Ramos e Julia Núñez. A continuación, comezaba a mini-ruta dos coveiros por media ducia de adegas desta zona vilamartinesa.

Serán eles os que na tarde do 1 de agosto se encarguen de abrir medio cento de covas desta localidade para recibir a multitude de persoas, boa parte delas chegadas dende fóra da comarca e mesmo dende fóra de Galicia.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button