ConcellosO BarcoÚltima hora

Cata de Viños de Valdeorras no XI Mercadiño de Nadal do Barco

 

Entre as actividades paralelas ao XI Mercadiño de Nadal, que se desenvolve nesta fin de semana na praza do Concello do Barco, incluíase unha Cata de Viños de Valdeorras, que se celebraba a partir das 12:30h. deste domingo 19 de decembro nunha carpa anexa á da mostra.

Nesta cata , dirixida pola enóloga vilamartinesa Cecilia Fernández (que tamén conta cun stand-viñoteca no mercadiño), a ducia de participantes aprendía como se cata un viño e as singularidades dos brancos e tintos de Valdeorras.

O XI Mercadiño de Nadal do Barco continuará tamén nesta tarde con actividades como un obradoiro infantil a partir das 17h.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button