CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Catro alumnos do IES Xermán Ancochea de Trives, finalistas no XI Certame Falando de Solidariedade

Os traballos de Erika Baloira, Noa Macía, Andrés Vázquez e Noa Prieto chegaban á final na categoría de Educación Secundaria do concurso convocado polo CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía en memoria de Celtia e Eva

Fachada principal do IES Xermán Ancochea.

 

Un total de 15 alumnos, de 2º de Bacharelato e 4º de ESO, do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives participaban non XI Certame de debuxo, conto e relato “Falando de Solidariedade” convocado polo CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía en memoria de Celtia e Eva.

Tal como explican dende o instituto trivés, nesta undécima edición do concurso os traballos versaron sobre “todo o que xira arredor da problemática daquelas persoas que grazas a solidariedade poden afrontar, mellorar, ou superar situacións críticas e dificultades derivadas da súa diversidade funcional, sexa do tipo que sexa: discapacidade física, intelectual, mental, psicosocial, sensorial, auditiva, visual…”

Nesta ocasión, os traballos de Erika Baloira e Noa Macía (debuxo, caligrama) “A árbore da solidariedade” e de Andrés Vázquez e Noa Prieto “A historia de Miguel: un camiño para a aceptación”, de 4º da ESO, conseguiron ser finalistas na categoría de Educación Secundaria.  Un logro polo que son felicitados polos centro, que dá as grazas “a todos os participantes por implicarse en propostas solidarias coma esta”.

 

Artigos relacionados

Back to top button