
Os dous ouros colleitados durante a mañá por Lola Bouza en salto de pértega e por Tania Valverde no tripo salto non serían as únicas medallas do Club Adas Proinor no Campionato XXXVI Campionato de Galicia de Atletismo de pista cuberta.
Durante a xornada de tarde desta competición, disputada ao longo deste domingo 14 de marzo en Expourense, chegaban outros dous metais. Un novo ouro viña da man de Tania Valverde, desta volta na lonxitude cun rexistro de 5.41. Ademais a vianesa Aldara Basteiro Nieves facíase co bronce na altura, cunha marca de 1.52. Dase a circunstancia de que esta atleta lograba onte sábado o ouro nesta mesma proba no campionato galego Sub16.

Probas nas que o Adas lograba medalla no galego absoluto de pista cuberta
