O sábado 1 de abril celebrábase na área recreativa de San Xoán en Guitiriz, a 2ª proba da liga galega e a 3ª da liga sprint da tempada 2023 de orientación a pé, á que asistían 7 membros do Club Peña Trevinca Barco.
Tal como explican dende o club barquense, a carreira da mañá foi “longa e dura, onde a vexetación xogou un papel fundamental á hora de facer as eleccións de roteiro”, destacando as actuacións de Remy Durán Pernas (1º en F-55) e Mailén Aller Pfirter (3º en F-18).
Pola tarde a organización expuxo unha carreira sprint nunha zona “moito máis limpa pero esixente fisicamente, onde a precisión e concentración á hora de executar as eleccións de roteiro foi fundamental”, din dende o Peña Trevinca, destacando os resultados de Remedios Durán Pernas (1º en F-55) e Brais Rodríguez Cruz (3º en M-12).
A orientación a pé continuará coa competición a nivel autonómico o vindeiro sábado 22 de abril na localidade de Lourenzá, e a nivel nacional cos campionatos de España o día 15 na localidade de Abellar, Soria.