ConcellosÚltima hora

Ceas, fogueiras e música para celebrar o San Xoán na Rúa

O sábado 22 de xuño será en Roblido e o domingo 23 no campo de San Roque
Cartel da cea na Rúa Vella.

Un ano máis, A Rúa Vella e Roblido vivirán dun xeito especial a xa de por si máxica Noite de San Xoán. A comisión de festas de San Roque organiza para o domingo, 23 de xuño pola noite, unha paella popular, unha cea na que a entrada custa 12 euros e o menú inclúe ademais bica, viño, auga, café e chupitos. E despois da cea haberá un gran fin de festa amenizado pola nova Danzalia Disco-Show, con descenario móbil, ademais de inchábeis de balde para desfrute dos máis pequenos.

Os veciños de Roblido pola súa banda, teñen a San Xoán como patrón e festexarán toda a fin de semana. O sábado 22 celebrarán a súa propia cea na praza do pobo con entremeses, paella, postres variados (da V edición do concurso de postres), café e licores por 17 euros, con baile amenizado por A Boa Festa. Venda anticipada de entradas en Deportes TriSport, Floristería Xardinalia e no bar do pobo. O domingo, haberá pasarrúas e misa solemne ás 13h.

 

Cartel da Festa de San Xoán en Roblido.

Artigos relacionados

Back to top button