ConcellosTrivesÚltima hora

Celebración do 25N na Residencia de Maiores da Pobra de Trives

 

Neste venres 25 de novembro, Día internacional pola eliminación da violencia contra ás mulleres, a Residencia de Maiores da Pobra de Trives xunto coas asociacións de mulleres Arandeira, Anel e Algueirada colaboraron na realización de diversas actividades nas que as persoas residentes foron as protagonistas.

Elaboraron unha pancarta na que plasmaron as súas mans “en sinal de repulsa contra esta pandemia social”, din. O acto concluía coa plantación no xardín do centro dun arbusto en homenaxe ás vítimas.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button