A RúaConcellosÚltima hora

A Residencia Nosa Señora de Fátima da Rúa festexa á súa patroa

 

O pasado 10 de maio a Residencia Nosa Señora de Fátima da Rúa (Fundación San Rosendo) celebraba a festividade da Virxe de Fátima cos seus residentes.

 

 

O programa incluía unha misa solemne oficiada polo párroco D. Daniel Pérez e cantada polo Coro da Rúa Vella e coa colaboración da Pastoral da Saúde e de varios voluntarios das distintas parroquias da Rúa; a actuación musical da Coral Candea de Viana do Bolo; e unha gran merenda que poñía o broche final á celebración.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button