Con diversas actividades cos centros educativos da vila vén de celebrararse o Día da Biblioteca en Trives. Así nesta conmemoración colaboraban os aumnos do IES Xermán Ancochea e do CEIP Bermúdez Couso e a propia Biblioteca Municipal.
Realizáronse talleres de contos ilustrados, houbo intercambios e, ao final, o alumnado remataba todo xunto elaborando unha pancarta na praza do Concello que era asinada por todos os alumnos de Primaria e de Secundaria, así como polos profesores que participaro no acto. Tamén houbo degustación de bica.
Fotos: Concello de Trives.