OurenseÚltima hora

Celebración do Día do Libro en Ourense cun toque solidario

Entre os actos incluiranse un contacontos no CHUO e venda de libros á súa entrada, co recaudado mercaranse contos para os hospitais do Barco e Verín

 

Este ano o Día do Libro é domingo, por tanto, a habitual carpa da Agrupación de Libreiros de Ourense situarase na rúa dous días: o domingo 23 e o luns 24 de abril de 2023. O Paseo volve ser o lugar elixido e as 10 librerías da cidade que participan aplicarán un desconto do 10% nas compras. Ademais, o domingo regalarán un caravel coas compras.

As celebracións con ocasión do Día do Libro contarán por primeira cun contacontos no hospital para os nenos ingresados na planta de pediatría; ao acto, que será hoxe venres ás 11 da mañá, asistirá Anxo Lorenzo, secretario xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia.

Este ano a organización quixo tamén instalar unha mesa de venda de libros á entrada do hospital. As ganancias obtidas serán destinadas a comprar contos para os centros hospitalarios de Verín e O Barco de Valdeorras co fin de facer máis levadío o ingreso aos máis pequenos. Será o domingo 23 entre as 11 e as 14 horas.

Artigos relacionados

Back to top button