EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeosViticultura

Celébrase a XXIII Cata Oficial da Feira do Viño de Valdeorras, con 42 mostras

Un panel de 10 catadores comezaba a valoración dos viños a partir das 10h. deste venres en Vilamartín

Publicidade

 

En marcha o programa de actos da XXIII Feira do Viño de Valdeorras. Tras o espectáculo Florencio Delgado volve a Valdeorras”, que tiña lugar onte no Teatro Lauro Omo do Barco, nesta mañá realizábase no Complexo Hostaleiro Paladium, en Vilamartín, a Cata Oficial da mostra, a partir das 10h.

Un panel de cata formada por 10 membros valoraraba un total de 42 mostras (22 de brancos e 20 de tintos) de adegas participantes no certame. Dese total, no caso dos tintos, hai 10 do 2021 e outros 10 doutras anadas, e no referente aos brancos presentábanse 18 do 2021 e 4 doutras anadas. Estes viños optan a tres premios en brancos 2021 outros tanto en tintos dese mesmo ano e a mencións no caso dos viños de diferentes colleitas.

 

 

As valoracións dos catadores terán o seu reflexo nos premios, que se darán a coñecer nun gala cuxo comezo está previsto para ás 21h. desta noite tamén no Complexo Hostaleiro Paladium de Vilamartín.

 

 

Isto será xa a antesala da XXIII Feira do Viño de Valdeorras que se desenvolverá nesta fin de semana de 9 e 10 de xullo na praza Otero Pedrayo de Viloira (O Barco), coa participación dunhas 20 adegas da D.O. Valdeorras e cun completo e variado programa de actividades complementarias.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button