OurenseÚltima hora

Celébrase unha das primeiras reunións na fronteira entre Galicia e o norte de Portugal

O obxectivo é avaliar a situación creada polo peche entre países e deseñar un Plan de Reactivación

No día de hoxe tivo lugar a segunda reunión na fronteira entre Galicia e o norte de Portugal. Representantes da Eurocidade Chaves-Verín reuníronse co director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo. O obxectivo deste encontro foi o de avaliar a situación creada polo peche da fronteira durante tres meses e deseñar un Plan de Reactivación que permita facer fronte a este peche.

 

Durante o encontro.

 

“A reunión pretende incluír as achegas da Eurocidade Chaves-Verín ao Plan de Impulso á cooperación de proximidade na fronteira Galicia-Norte de Portugal, un documento que recolle un abano de propostas cunha dobre finalidade. Por unha banda, que a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal consiga facer fronte aos retos derivados da pandemia, nomeadamente aqueles derivados do parón da actividade económica e do peche da fronteira, e, por outra parte, chegar a estar preparados, nun futuro hipotético, para evitar outro peche de fronteiras con repercusións sociais e económicas” explican.

Artigos relacionados

Back to top button