ConcellosÚltima hora

Chandrexa celebra a VIII Festa do Cordeiro

Algunhas das autoridades asistentes á Festa do Cordeiro de Chandrexa.

Cunha degustación gratuíta de cordeiro iniciábase o programa da VIII Festa do Cordeiro de Chandrexa de Queixa no mediodía do 2 de setembro. A celebración incluía, xa ás 14:30h., un xantar popular cun menú a base de empanada de iscos, pementos, cordeiro ao forno, bica, viño, café e licores.

Esta cita gastronómica, que tiña como escenario o recinto do colexio público de Celeiros, contaba coa asistencia do director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor; a delegada da Xunta en Ourense, Mariso, Díaz; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; ou o deputado autonómico Moisés Blanco, entre outras autoridades como o alcalde de Chandrexa, Francisco Rodríguez. O programa incluía asemade outras propostas musicais e gastronómicas durante a tarde.

Manuel Baltar destacaba a “riqueza e variedade gastronómica das diferentes comarcas das provincia de Ourense, todas con produtos de alta calidade”, e afirmaba que a Festa do Cordeiro “consolídase ano tras ano como un referente social, lúdico e gastronómico no oriente ourensán, un territorio caracterizado polo seu potencial turístico e natural, que conta nesta contorna coa única estación de montaña no noroeste peninsular, Cabeza de Manzaneda, a cal apoia a Deputación de Ourense para o desenvolvemento turístico desta fermosa zona da nosa provincia”.

Artigos relacionados

Back to top button