ConcellosO BoloÚltima hora

Charanga Nova de Trives e DJ Josete, na V Festa do Verán en Buxán (O Bolo)

Foto: Facebook da charanga Nova de Trives.

 

Buxán é outro dos pobos do municipio do Bolo que celebra unha festa no mes de agosto. Neste caso trátase da V Festa do Verán que terá lugar o sábado 12 de agosto.

Como en toda celebración popular galega que se precie haberá pulpeira e música coa charanga Nova de Trives e o DJ Josete (verbena).

Ademais, pola tarde haberá xogo de bolos e de rá con premios.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button