
Unhas trinta persoas asistían á charla que se impartía na tarde do 2 de febreiro no salón de plenos do Concello de Viana do Bolo sobre a reforma da Lei de Saúde de Galicia. Nela interviñan Suso Vilasánchez e Carolina Orozco, membros da Plataforma Sanitaria de Valdeorras.
Durante a súa intervención comparaban os dous anteproxectos de reforma da Lei de saúde de Galicia valorando as modificacións do segundo respecto do primeiro e coa actual Lei de Saúde de Galicia. Ademais referíanse ás modificacións que impedirán o control sobre xestión económica e de compra de servizos do Sergas por parte dos órganos de participacion social.
Os representantes da Plataforma Sanitaria de Valdeorras tamén consideran que o goberno intentar “opacificar a xestión sanitaria e de desmantelar a sanidade pública, e ter unha política de comunicación baseada na creacion de confusión insistindo en dar datos falsos ou de dubidosa interpretación”.



