ConcellosO BarcoÚltima hora

Charla da Policía Local do Barco sobre educación viaria no centro sociocomunitario da vila

 

Lograr, na medida do posible, que diminúa o número de atropelos no casco urbano, demasiado elevado nos últimos meses, é un dos obxectivos da charla sobre Educación Viaria que na tarde deste mércores 6 de marzo impartía a Policía Local do Barco no centro sociocomunitario da rúa Xirimil.

Fernando Lozano e Beatriz Delgado eran os encargados da charla, lembrando a través de imaxes algúns os atropelos sucedidos nos últimos tempos, algún mortal, e falando cos asistentes sobre todo de visibilidade nos traxectos fóra de poboado e tránsito de xente maior por pasos de peón e zonas perigosas.

 

Asistentes á charla cos chalecos reflectantes de regalo./ Foto cedida.

 

A modo de conclusión, Lozano destacaba que é importante “non confiarse, facer caso ás normas, observar o tráfico, coñecer as nosas limitacións, mirar e volver mirar e sobre todo ter moita precaución, aínda que teñamos preferencia”.

A charla estaba promovida pola Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense que agasallaba aos asistentes cun chaleco reflectante.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button