EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Charla informativa na Rúa sobre axudas da Política Agraria Común para o sector vitícola

Terá lugar o vindeiro 4 de abril ás 10:30h. no Centro Cultural Avenida da Rúa

Viñedo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Centro Cultural Avenida da Rúa acollerá o vindeiro 4 de abril ás 10:30h. unha charla sobre “Axudas Política Agraria Común (PAC) 2023-2027 Sector vitícola”. Nela ofreceranse orientacións sobre características, requisitos e remuneración destas axudas.

“Durante 2023 e ata 2027 ábrese un novo período de axudas da Política Agraria Común, o cal inclúe medidas que favorecen ao sector vitícola. Ata o de agora o sector recibía axudas da PAC para a reestruturación de viñedos, a adquisición de maquinaria para a adega e a comercialización. Pero, por primeira vez, ademais poderá recibir axudas agroambientais por realizar nas súas superficies
prácticas beneficiosas para o medioambiente”, explican dende a Oficina Rural da Consellería do Medio Rural na Rúa.

“Dada a dimensión social e económica do sector nas nosa comarca e considerandoo do seu interese, as Oficinas Rurais da Consellería do Medio Rural en A Rúa e O Barco de Valdeorras queremos pór en coñecemento das personas viticultoras e adegas estas novidades. Para elo, realizaremos esta charla informativa de entrada libre para calquera persoa que queira asistir”.

Artigos relacionados

Back to top button