ConcellosÚltima hora

Charla informativa sobre as modificacións na lei de montes, en Trives

Publicidade

A xestión da biomasa forestal e as distancias que se deben manter limpas segundo as zonas e os tipos de árbores eran algunhas das cuestións que se expoñían na charla informativa que impartía na tarde do 11 de xuño en Trives Ángel Fouce, xefe do Distrito Forestal Valdeorras-Trives. Explicaba as modificacións na lei de incendios e na lei de montes, así como as obrigas dos particulares nas súas fincas.

Fouce impartirá outra charla divulgativa deste tipo o vindeiro 19 de xuño ás 20h. no salón de actos do edificio multiusos do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button