
Na xornada deste xoves 10 de abril, día no que se cumpren 49 anos do pasamento de don Ramón, a Asociación de Amigos de Otero Pedrayo organizaba unha actividade para os máis novos no colexio Carmelitas de Ourense.
Neste evento, o alumnado pudo indagar sobre a vida de Ramón Otero Pedrayo e tamén sobre a súa obra, sendo partícipes da lectura de varios textos do escritor durante a xornada.
Nesta primeira charla sobre a vida e a obra de Ramón Otero Pedrayo interviñeron diferentes membros da directiva, tendo lugar así a primeira das actividades que esta asociación ten preparadas para este ano 2025.



