SanidadeÚltima hora

Charla sobre extracción e conservación do leite materno, no Barco

Formaba parte da 10ª Semana da Lactación Materna, promovida pola Asociación De Nai a Nai

 

Dentro do programa da 10ª Semana da Lactación Materna do Barco, promovida pola Asociación De Nai a Nai, tiña lugar este mércores 5 de outubro unha charla sobre a extracción e conservación do leite materno, impartida pola enfermeira e asesora de lactación materna valdeorresa Antía Fernández.

“Isto é é algo que a priori parece sinxelo, pero que sempre xera dúbidas”, matizaban dende De Nai a Nai. Preguntas como por que os compoñentes do leite se separán do leite extraído ou se se pode deixar o leite a temperatura ambiente se fai moita calor ai moita calor, entre outras, quedaban resoltas tras esta exposición.

Como epílogo a 10ª Semana da Lactación Materna terá a I Xornada “Morte Perinatal. O Duelo invisible”, prevista para o 15 de outubro no multiusos do Barco. Será organizada por De Nai a Nai en colaboración co Concello do Barco. Precisa inscrición previa en denaianai@gmail.com .

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button