A RúaConcellosÚltima hora

‘Cheas de vida’, obradoiro de InCrescendo Colectivo polo 25N, na Rúa

Será mañá 24 de novembro, de 19 a 20:30 horas na sala multiusos do Centro Cultural Avenida

 

O Concello da Rúa continúa co programa de actividades con motivo do 25N. Trala segunda xornada do curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas, celebrada hoxe, mañá  xoves 24 de novembro contará cun obradoiro moi especial da man da Cooperativa InCrescendo Colectivo impulsada por Elvira e Laura (nai e filla), ambas veciñas da Rúa, que achegarán o seu proxecto “Matria” co obradoiro ‘Cheas de vida’, no que as asistentes aprenderán a reservarse tempo e espazo para si mesmas, dando un gran paso caro o seu propio autocoidado. “Buscamos mulleres que queiran recuperar a confianza en si mesmas e ser un exemplo para as nosas fillas”, din dende Increscendo Colectivo.

Será de 19 a 20:30 horas na sala multiusos do Centro Cultural Avenida e a inscrición será gratuíta ata completar aforo chamando ao 643 958 844 ou en servizos.sociais@arua.gal.

Ademais “reservaremos unha sorpresa para o día 25N que simbolizará sempre a importancia de valorarnos, querernos e coidar de nós mesmas”, avanzan dende o Concello da Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button