En portadaÚltima hora

Chega á Gudiña a viaxe inaugural da liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia

 

A Estación Porta de Galicia, na Gudiña, chegaba pasadas as 11:30h. desta mañá a comitiva do percorrido inaugural da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia no tramo Pedralba da Pradería-Ourense. Son de gaita para unha parada moi especial na que se subía a este tren autoridades como o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; ou o delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones.

Nesta viaxe, que se iniciaba sobre as 9:45h. na estación de Madrid- Chamartín–Clara Campoamor participan o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, o Rei de España, Don Felipe VI; a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz; e a ministra de Transportes, Mobilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez.

 

 

Despois, o tren facía paradas en Zamora e A Gudiña-Porta de Galicia, onde se descubría unha placa conmemorativa na plataforma con motivo da inauguración desta estación.

O final do traxecto está previsto ás 12:26 horas na estación de Ourense, onde se celebrará un acto institucional.

Artigos relacionados

Back to top button