OurenseÚltima hora

Chega a Expourense a 17ª edición de Celebra, esta fin de semana

O salón de vodas, bautizos e outros eventos sociais mostrará as tendencias no sector os días 29 e 30 de outubro
Un momento da presentación do salón Celebra.
Un momento da presentación do salón Celebra.

Se está pensando en casar ou facer unha celebración especial familiar para o ano, esta cita é obrigatoria. Expourense acolle a vindeira fin de semana -días 29 e 30 de outubro- a 17ª edición de Celebra, salón de vodas, comuñóns, bautizos e eventos sociais, que conformará unha excelente plataforma para adiantar as tendencias da próxima tempada. O evento foi presentado na mañá do 25 de outubro nun acto no que se adiantou que haberá máis de 60 expositores, dos cales preto do 80% proceden da propia cidade ourensá.

“Un referente no sector da provincia”. Así definiu a feira Marisol Nóvoa, vicepresidenta da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), presente na presentación. Non obstante, esta edición conta cunha “forte participación” do comercio local da cidade, que acapara case o 80% dos expositores participantes. Pola súa banda, a directora de Expourense, Emma González, avanzou que agardan “poder captar novos clientes potenciais” ao coincidir a data do evento cunha ponte festiva.

O salón contará con máis de 60 expositores que se centrarán nunha ampla oferta de produtos e servizos no sector dos eventos sociais e celebracións familiares. Dentro da programación, a organización destaca as pasarelas, que volverán concentrar a atención do público nas tardes do sábado e do domingo ás 18 horas. Pero os que desexen achegarse até Expourense, saiban que poderán gozar de todos os escaparates en horario de 11 a 14:30 e de 16 a 20:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button