ConcellosSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

Chegan a Trives os refuxiados ucraínos que serán acollidos neste concello e no de Río

Dende os Concellos de Río e Trives solicitan colaboración cidadá para reunir o material de axuda que se precisa para eles

 

Neste domingo chegaban a Trives os primeiros refuxiados de Ucraína, que se serán acollidos neste municipio e no de San Xoán de Río (no Centro Comarcal e no albergue municipal, respecticamente).

Dende estes dous Concellos indícase que, “tras unha primeira enquisa” vén de emitirse unha nota informativa na que se destalla o tipo de material de axuda que se precisa, se ben matízase que “antes de enviar nada” pídese que se confirme “por Whatsapp que o material aínda é necesario”.

ENTREGAS NA POBRA DE TRIVES WHATSAPP: 655195487

ENTREGAS EN SAN XOÁN DE RÍO WHATSAPP: 627780891

ZAPATILLAS DE CASA E CALZADO (Entre paréntese número de persoas que o necesitan): 46, 44, 43, 41, 40 (3), 39 (6), 38 (4), 37 (4), 36 (3), 35 (2), 34, 33, 27 (3), 25 (2)

VESTIMENTA: Roupa interior muller (nova), Roupa neno edades: bebé 12 meses, nenos de 4, 7, 10 e 13 anos, nenas de 3 e 9 anos.

Cueiros talla número 5 e 6.

Tamén indican os Concellos nesta comunicación que a xente que estea fóra e que queira colaborar tamén o pode facer doando cartos no seguinte número de conta da Fundación Venancio Salcines: ES50 0081 2135 7100 0221 3325.

 

Artigos relacionados

Back to top button