CulturaCulturaÚltima hora

Chegan “Os Eidos de Outono” ao Courel da man da Fundación Uxío Novoneyra

 

Castañas, poesía, contos e música para celebrar “Os Eidos de Outono” en Parada (O Courel). É a proposta, con entrada de balde, da Fundación Uxío Novoneyra para este sábado 28 de outubro, cun programa que comezará ás 10h. no Souto da Rubial cun obradoiro de interpretación de soutos e de recollida de castañas.

Xa para as 12h. está prevista unha lectura comentada de “Os Eidos”, seguida dun concerto de Son de corda xunto coa presentación do traballo “Na casa deles”, con poemas de autores como Manuel María, Lorenzo Varela, Pimentel ou Nononeyra, entre outros.

Xa pola tarde inaugurarase a exposición “Lestrigóns” de Jesus Otero Yglesias e, logo está prevista unha lectura colectiva de “A lús do candil” de Ánxel Fole.

A celebración finalizará con música da man do Dj Tristón (Hydra Pub) a partir das 22:30h.

 

Back to top button