CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Cholo e Nela en Sobradelo

As convivencias de Educación Infantil xuntaron a uns 500 nenos con actividades en torno ao cine

De cine. Así foi a edición deste ano das convivencias de Educación Infantil celebradas nas instalacións do CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo a finais de maio.

No centro valdeorrés déronse cita uns 500 nenos e nenas acompañados por profesores e uns 300 nais e pais que disfrutaron dunha xornada de festa e educación en torno ao cine: nos obradoiros, nos xogos e ata nos contacontos que este ano foron substituídos por proxeccións. Tamén houbo exhibicións por parte das forzas de seguridade (Garda Civil, Bombeiros, Protección Civil, Ambulancias,…) e inchables.

“Cholo e Nela” é unha actividade organizada, coordinada e levada a cabo por un grupo de mestres de diferentes colexios da comarca. Ten carácter itinerante e está dirixida a centros da escola pública, poñendo en valor a ligua galega, baixo un clima de igualdade, compañeirismo, colaboración, aprendizaxe e diversión.

Na xuntanza deste ano déronse cita nenos de todo o oriente ourensán e incluso Lugo: Ceip Condesa de Fenosa, Ceip Julio Gurriarán e Ceip Otero Pedrayo do Barco de Valdeorras; Ceip O Bolo; Ceip Casaio; CPI Tomás Terrón Mendaña; Ceip de Manzaneda; Ceip San Mamede de Montederramo; Ceip Manuel Bermúdez Couso de P. de Trives; Ceip de Rubiá; Ceip Manuel Folla Respino de Vilamartín; Ceip Manuel Respino e Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa; Ceip San Martiño de Vilariño de Conso; Ceip Eduardo Ávila Bustillo de A Veiga; e Ceip San Clodio.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button