ConcellosO BarcoÚltima hora

Choque entre un coche e unha moto en Viloira (O Barco)

 

Na tarde deste sábado 29 de marzo producíase un accidente de tráfico no Barco de Valdeorras no que se vían implicados unha moto e un turismo.

Tal como indican dende o 112 Galicia o “choque entre a moto e coche producíase en Viloira pouco antes das sete menos cuarto con persoas feridas”, din, indicando que avisaron á Policía Local, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros que non tiñan que intervir porque non había ninguén atrapado e Protección Civil.

Ata o lugar dos feitos desprazábase tamén unha ambulancia de Urxencias Sanitarias que trasladaba á persoa que circulaba en moto ata o Hospital Público Valdeorras.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button