ConcellosQuirogaÚltima hora

Choque frontal de 2 coches na N-120 á altura de Augasmestas (Quiroga)

 

En torno ás 18h. desta tarde producíase un accidente de tráfico na estrada N-120 á altura de Augasmestas (Quiroga). Dous coches chocaban frontalmente. Segundo as primeiras informacións, hai persoas feridas e algunha atrapada.

Dende o 112 Galicia mobiláronse a efectivos de emerxencias, entre eles 061 Urxencias Sanitarias, os bombeiros de Monforte e a Garda Civil de Tráfico.

En canto se teñan máis datos ampliarase información.

Artigos relacionados

Back to top button