Excelentes resultados para os atletas das Escolas Deportivas de Trives na segunda xornada da XXXIX Copa Deputación – Campionato Provincial de Cross, que se desenvolvía este sábado 26 de novembro en Ribadavia.
O triveses competían, novamente, coas camisetas do Club Adas Cupa do Barco. Dentro dos resultados máis destacados está o título por equipos conseguido polos Sub10 masculinos. Do equipo do Adas, que se proclamaba campión, formaban parte os triveses Nicolás Conde, Iago García, Nicolás Eduard e Unai Castro.
Tamén se proclamaba campión o equipo Sub-14 masculino do Adas, no que estaban Marcos Basalo e Paulo Efrén Martínez das escolas trivesas. Así mesmo subíanse ao podio Alejandra Prieto e Ainhoa Pérez co equipo Sub10 feminino, que era subcampión, o mesmo posto que lograban Tomás Rey e Antón Prieto co equipo Sub12 masculino, Aroa Posada co Sub14 feminino e Martín Rey co Sub16 masculino. A nivel individual, Nicolás Conde Nogueira lograba un terceiro posto en Sub10.
“Coma sempre é un pracer estar con estes nenos e nenas, cada vez se esforzan máis e poñen máis de si. Estou moi orgulloso deles”, resalta o seu adestrador, Tino Sierra, que tamén agradece o apoio dos pais e nais dos atletas e do Concello.
Fotos: Escolas Deportivas de Trives.