Cinco alumnos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense, resultaron premiados na sétima edición do Concurso Novos e Maiores convocado pola Fundación Dorzán e o diario A Rexión.
O sábado 30 de novembro no Centro Cultural Marcos Valcarcel de Ourense, ás 12 horas terá lugar a entrega de premios. Clara, Sofía, Kees, Kiara e Antía, foron galardoados nas modalidades de Debuxo e Redacción.
“Este emotivo concurso entrelaza as xeracións de mozas e maiores para facer vínculo, unindo en relación, en conversación, e valorando o seu bo facer”, explica o profesor Gonzalo Sánchez. No proxecto tamén colaborou a profesora Mara.