En portadaÚltima hora

Cinco novos radares nas estradas galegas

Dous deles estarán situados en estradas da provincia de Ourense

estrada

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) vén de informar da posta en marcha dende o vindeiro xoves 17 de marzo de cinco novos radares de control de velocidade que se localizarán nas provincias de A Coruña e Ourense. A instalación destes novos dispostivos pretende “a redución dos accidentes a través da reducción do límite de velocidade”, segundo a DGT.

Dous deses radares estarán na provincia de Ourense. Así haberá un Radar de tramo ubicado entre os puntos quilométricos (pk) 242,2 e o 246,0 da estrada nacional N-525 (Benavente-Santiago), sentido Santiago. Tamén funcionará un Radar fixo no pk 244,850 da N-525, sentido Benavente. O límite de velocidade en ambas ubicacións é de 70 km/h.

Os tres restantes situaranse na provincia da Coruña:
– Radar de tramo na N-550 (A Sionlla-Santiago) entre o pk 54,6 e o pk 56,1 sentido Santiago.
– Radar fixo na N-550 pk 55,800, sentido A Coruña.
Ambos puntos terán o límite de velocidade nos 80 km/h.

Finalmente haberá un radar fixo na AC-12 (curva de Biona), pk 8,330 sentido A Coruña. Neste último caso, o límite de velocidade estará nos 70 km/h.

Artigos relacionados

Back to top button